PROPOSTA
Constrúe unha historia coas seguintes características:
- Debe haber diálogos.
- Debe ter unha extensión mínima de 100 palabras.
- Debes utilizar a maior cantidade posible de recursos literarios:
personificacións, comparacións, uso abundante de adxectivos...
- Debe incluír, ademais, algún pequeno poema con rima consonante.
- Debe comezar así:
"Só eles, un mozo e unha moza que murmuraban sentados nun banco,
permanecían na rúa indiferentes ao silencio ameazante do entorno..."
permanecían na rúa indiferentes ao silencio ameazante do entorno..."
TEXTOS RESULTANTES
El, namorado, lánzalle un bico e un poema enfeitizador:
Ti, na miña cabeza estás
e non sairás xamais.
Ti, o meu corazón enfeitizaches
e a miña alma embruxaches.
A moza, namorada e melancólica, díxolle:
-Meu amor, eu na túa cabeza estou e ti na miña tamén, pero...
A moza marchou cara a brillante e luminosa luz do Sol.
-Non te vaias! Este amor é como os raios do Sol, escondidos ou non, pero sempre
están aí.
Ela esvaeceuse naquela luminosa inmensidade.
El correu detrás dela, pero xa desaparecera. Entón, sentouse no banco
lembrando todos aqueles preciosos momentos que pasaron xuntos:
todas as primaveras floreadas e luminosas, eses veráns cálidos e mollados,
aqueles outonos cheos de follas e os fríos invernos. Tamén lembrou o día
que se coñeceron, xogando no medio das follas do outono.
Nese mesmo intre a súa noiva sae daquela claridade e di:
-Isto só foi unha proba do destino, ti pasáchela e recuperaches o que máis querías.
-Grazas por volver a min!
Os dous namorados marcharon para o seu banco, bicáronse e xuraron que non se
separarían xamais.
CECILIA