Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

Presentación

 
 
benvidos
                                             






 

                         

 Sara A, Laura, Aylin, Antonio, Sara C, Borja, Lucía, Sergio, Gonzalo, Christian, Daniel, Alejandro, Paula e Gabriel.  

   

             


2012 - 2014





 Como xa sabedes, imos estar xuntos dous cursos: 2012 - 2013 e 2013 - 2014, así que, vouvos explicar como funciona o noso blog:

  • Consta de dúas partes: a da esquerda que lle chamamos  "ENTRADAS"  e a da dereita onde atoparemos os  "ENLACES" e o "ARQUIVO" das entradas.

ENTRADAS

Para que serve?
  • Para publicar os nosos traballos e fotos.
  • Publicar vídeos feitos por nós.
  • En xeral todo o traballo de creación propia.

 En que orde aparecen?
  • Aparecen de máis antigo a máis recente. Así, os traballos dos cursos anteriores a vós aparecerán máis abaixo, en entradas antigas ou facendo clic  en "ARQUIVO"  á dereita.
  • Os vosos traballos, polo tanto, aparecerán a partir desta entrada cara arriba.

Como se publica un traballo?

  • Facendo clic arriba á dereita en "acceder".
  • Mediante un contrasinal secreto.
  • Así entro na parte privada do blog.
  • Se non fora deste xeito calquera podería escribir  nel.

Quen publicará os traballos?
  • Por agora só terei  acceso eu a publicar o que fagades vós.
  
ENLACES

Neste apartado hai todo tipo de enlaces organizados por materias e por meses. Segundo os contidos que vaiamos tratando irei subindo páxinas interactivas correspondentes a eses temas para reforzar o aprendido na clase.

 En xaneiro empezamos cos ordenadores. Estades preparados?!!