E o gañador é...
JULIÁN!!!!!!!!!!!
JULIÁN!!!!!!!!!!!
Finalmente, o primeiro destino na nosa viaxe espacial será a Lúa, defendida no Forum de debate por Julián.
Aquí tedes a todos os participantes, colocados por orde de exposición, e a exposición do gañador xunto coas dos representantes que o seguen no ranking!
Aquí tedes a todos os participantes, colocados por orde de exposición, e a exposición do gañador xunto coas dos representantes que o seguen no ranking!
Penso que deberíamos visitar a Lúa porque é o satélite do noso planeta e o quinto satélite máis grande do Sistema Solar. Ademais é o único corpo celeste no que o home realizou un descenso tripulado, e por iso sabemos que non sería moi perigoso viaxar a ela.
Aínda que, dende a terra é o obxecto que máis brilla no ceo despois do sol, a súa superficie é, en realidade, moi escura, pero reflexa a luz do sol.
A lúa xira arredor da terra e tamén sobre o seu eixe. Os seus movementos producen as correntes mariñas, as mareas e o aumento da duración do día.
A lúa non ten atmosfera nin auga, por iso non se deteriora co tempo.
Debemos viaxar á lúa porque é moi bonita; dende o espazo vese como unha esfera gris-branca con cráteres de moitos tamaños.
2º URANO (Raquel)
Penso que deberíamos viaxar ao sétipo planeta dende o sol, Urano.
Veredes, Urano é un planeta gasoso. É o terceiro planeta máis grande do Sistema Solar e o primeiro que se descubriu grazas ó telescopio.
Ademais, Urano ten unha característica que chama a atención, a rara inclinación do seu eixe, case 90º respecto da súa órbita. A súa distancia ao sol é o dobre que a de Saturno, e dende Urano o Sol parece unha estrela máis, aínda que máis brillante.
Este planeta ten aneis pero son diferentes aos de Xúpiter e Saturno. Ten 27 satélites coñecidos e todos eles teñen nomes de personaxes das obras de Shakespeare e Alexander Pope.
Ademais, Urano é o planeta coa cor máis bonita, azul-verdosa.
3º O SOL (Carla F)
Para comezar este debate quería dicir que, igual que á Terra, debemos coidar o noso Sistema Solar.
Se me votásedes a min viaxariamos ao Sol.
Penso que o Sol é o mellor lugar para viaxar porque é moi bo, como todos o somos. O sol é especial. Viaxar ao sol é o mellor que nos pode pasar e explicareivos por qué.
O Sol é o centro do noso Sistema Solar e por iso é moi importante. É unha estrela de tamaño mediano con 1.391.000 km de diámetro. Comparado co diámetro da terra é 109 veces maior.
O Sol é unha xigante bola xiratoria de gas moi quente, polo que se viaxamos a el fará calorciño. É a nosa principal fonte de enerxía que se manifesta en forma de luz e calor.
A nosa estrela exerce unha forte atracción gravitatoria sobre os planetas e os fai xirar ao seu redor. Se non existira o sol, non existiriamos nos. Por iso penso que deberíamos viaxar ao Sol.
3º MERCURIO (Mallaury)
Debemos viaxar a Mercurio porque é o planeta máis pequeno e o que está máis preto do Sol. Forma parte dos planetas rochosos.
Mercurio non ten satélites e tarda sobre 58 días en dar unha volta completa ao sol.
Contareivos unha curiosidade: No ano 1859 un matemático, Urbain Le Verrier, cría que existía outro planeta que molestaba a órbita de Mercurio, chamárono Vulcano. Agora sábese que Vulcano non existe, porque iso era mentira.
A superficie de mercurio ten moitos cráteres, como a Lúa, pero alí a temperatura pode chegar a máis de 800 ºC porque é o que está máis preto do sol e rota moi lentamente.
A órbita de Mercurio atópase tan preto do Sol , que é moi difícil velo dende a Terra, só se ve ao anoitecer, por iso os astrónomos da antigüidade nunca viron o planeta, e por iso temos que ir a visitalo.