O MOVEMENTO DE ROTACIÓN
O movemento de rotación é o movemento que efectúa a Terra xirando sobre si mesma ó longo dun eixe imaxinario denominado Eixe terrestre (inclinado 23º 27` cara a dereita), que pasa polos seus polos. O movemento de rotación da terra é o que determina que os días teñan 24 horas xa que ese é o tempo que tarda o noso planeta en realizar un xiro completo.

Para entendelo mellor, hoxe na clase fixemos unha exemplificación do mesmo; mediante a cal utilizamos un globo terráqueo e unha lanterna, que representaba ó sol.
O MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN
O movemento de translación é o movemento polo cal a Terra se move arredor do Sol, facendo unha elipse no sentido das agullas do reloxo. Este movemento arredor do sol é o que determina:
O movemento de translación é o movemento polo cal a Terra se move arredor do Sol, facendo unha elipse no sentido das agullas do reloxo. Este movemento arredor do sol é o que determina:
- Que os anos teñan 365 días, 5 horas, 48 minutos e 46 segundos, tempo que tarda o noso planeta en realizar unha volta completa ó redor do sol. Como este percorrido ó redor do sol non representa un número exacto en días, cada 4 anos engádese un día máis no mes de febreiro.
- A sucesión das estacións débese á inclinación da terra e ó percorrido en forma de elipse que realiza durante a translación. Os raios chegan a cada hemisferio terrestre con distinta inclinación segundo o momento do ano e, pola mesma razón, as horas de luz e de escuridade cambian ó longo do ano en cada parte do planeta.
POR QUE EXISTEN AS ESTACIÓNS?
POR QUE EXISTEN AS ESTACIÓNS?
No seguinte enlace poderás ver a rotación, a translación e outras características de cada planeta.
ROTACIÓN E TRANSLACIÓN DE TODOS OS PLANETAS (Fai clic!)
ROTACIÓN E TRANSLACIÓN DE TODOS OS PLANETAS (Fai clic!)