Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

Entroido



Este ano disfrazámonos de abellas, flores e apicultores!
Non sabedes o traballo que nos deu!!!!!
O disfraz dos apicultores foi o máis doado de facer: consistía nun mono branco e un gorro de apicultor de verdade. Na nosa clase, Julián foi o único que se vestiu de apicultor, e levou o gorro do seu avó.
Tanto as cabezas da abellas como o cáliz das flores fixémolas  con papel maché. O procedemento consistía en inflar un globo, cubrilo de tiras de papel de periódico e untalas de cola de empapelar.  E así, moitas capas.
Logo había que deixalo secar e, por último, pintar.

O corpo das flores consistía nunha bolsa verde de plástico cortada de maneira que puideramos meter a cabeza e os brazos; as mangas cosidas, tamén de plástico, e un cordel que facía de cinto.


Debuxamos follas, para pegarlle por enriba, e pintámolas.
Para construír os corpos das abellas primeiro facíase unha estrutura de círculos de arame unidos por franxas de cartón.

Por enriba algo semellante o que se fixo coas cabezas pero, en vez de utilizar papel de periódico, usando sacos de penso, máis resistentes. Pintámolos de amarelo.

As  ás fixémolas de cartón e papel transparente.
Logo fixemos os pétalos das flores con papel de seda enroscado nun fío.

Pegamos as follas…

E pintamos os últimos detalles!

ESTE FOI O RESULTADO FINAL!