Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

Relevo






Como esta semana empezamos os temas de Xeografía, déixovos unha lista coas definicións e fotos dos principais accidentes xeográficos que imos estudar. Lembrade que, nesta materia, o segredo está en coñecer o vocabulario.
Fai clic nas palabras subliñadas e accederás a Wikipedia. Tamén podes repasar o relevo dun xeito moi divertido entrando na páxina: MAPAS INTERACTIVOS.





AS FORMAS DO RELEVO TERRESTRE










O
















RELEVO DOS CONTINENTES PRESENTA FORMAS VARIADAS








MONTAÑAS: Son terreos de gran pendente, moi elevados; poden aparecer illadas ou agrupadas en serras, sistemas montañosos, cadeas e cordilleiras.








                                                  








      VALES: Terreos baixos situados entre
     montañas.











CHAIRAS: Zonas situadas a pouca  altitude; as máis extensas localízanse na costa ou fórmanas os ríos.
















 MESETAS: Extensas chairas situadas a gran altitude.
















  




DEPRESIÓNS: Zonas situadas a menor    altitude que as terras que as rodean.
                                                                                                   





IMAXE DAS DISTINTAS FORMAS DE RELEVO COSTEIRO









DELTA: é un accidente xeográfico producido polo depósito de sedimentos na desembocadura dun río.


Delta do Nilo


Delta do Ebro inundado












                








CABO: Promontorio que penetra no mar máis ca o resto do litoral.


 





ARQUIPÉLAGO: conxunto de illas próximas.

















BAÍA: Unha baía é unha entrada do mar, océano ou lago, rodeada de terra.
A baía é o oposto a un cabo ou a unha península.
As grandes baías considéranse golfos, polo que non hai un límite entre os dous.

















GOLFO: Entrada de mar na costa.


















ILLA: Porción de terra rodeada de auga por todas partes.
















RÍO: é unha corrente natural de auga que flúe con continuidade.











ACANTILADO: accidente xeográfico que se caracteriza por presentar unha pendente ou vertical pronunciada.











RÍA: Penetración do mar na conca dun río.







DESEMBOCADURA DUN RÍO: chámase estuario e é a parte máis ancha e profunda dun río que vai verter ao mar.



















AFLUENTE: Arroio ou río secundario que
desemboca ou desauga noutro principal.















 PENÍNSULA: Porción de terra rodeada de auga por todas partes menos por unha.


 











PRAIA: Terreo de superficie case plana e cuberto de area, situado á beira do mar, dun lago ou dun río grande.










  ALBUFEIRA: é unha lagoa de auga salgada situada na costa e separada do mar por un cordón de area.