Que terei en min?
O meu corazón
está cheo de amor.
Cando miro para ti,
dígome:
Que terei en min?
MALLAURY
Non me quere a min soa
Este día tan chuvioso fíxoseme milagroso
grazas a unha persoa que quero moito.
Pero, esa persoa non me quere a min soa...
CARLA BLANCO
Pola mañá
Pola mañá os paxaros aparecen
e pola noite, co vento,
os paxaros desaparecen.
DAMIÁN
O canto das andoriñas
O canto das andoriñas
son como poemas de amor.
Cando cantan, o vento sopra
como un alegre tambor
LORENZO
Meu irmán
Meu irmán está contento
porque lle gusta oír
como sopra o forte vento.
ALEJANDRO
Campo de fresas
O meu campo de fresas
é especial,
cando o vento sopra
ponse a bailar.
CHISTIAN
A miña casa de area e mar
O vento sopra moi forte.
A chuvia molla a miña casa,
a miña casa de follas,
de area...e mar.
CARLA FONTÁN
Voan, voan os paxariños,
móvense as follas ao son do vento
e brillan as estrelas no firmamento.
CARLOS
A cometa de papel
Os nenos xogan na rúa
coas cometas de papel.
O vento sóbeas moi alto
cando tiran do cordel.
CARLOS
O gato ten frío
polo vento frío do amencer.
A súa dona é cruel e malvada
e o pobre gatiño marchou da casa.
RAQUEL
Sopraba o vento
Estando na rúa,
esperando o momento de marchar,
sopraba o vento.
ÓSCAR
Unha nena quere conquistar o meu amor
pero eu non a deixo entrar no meu corazón.
Ela sempre anda detrás de min
e a min... só me fai rir!
LORENZO
El amor es un chicle de fresa
El amor es muy sabroso,
como un chicle de fresa
muy pegajoso.
CARLOS
Yo quiero a mi perro
y él me quiere a mí,
pero, yo no sé
si será feliz.
ÓSCAR
Que bonito é o río Miño!
O paxariño vai voando
ata o río Miño;
cando chegou alí, parou
e mirou a súa beleza.
Ai! Paxariño.
Que bonito é o río Miño.
MALLAURY
A cor do amor
Cor rosa, cor vermella
é a cor do amor.
Cor negra, cor gris
é a cor do desamor.
CARLA FONTÁN
A praia
Gústame a praia
polo vento, as olas
e as caracolas.
CARLA BLANCO
O balón que se move co vento
Co vento moveuse o balón,
eu aproveiteino,
e case meto un gol.
JULIÁN
O vento
Fóra sopra o vento
e nós estamos na clase
moi contentos.
SABELA
A ela non lle quites a fermosura
Ao verte, o meu corazón sae de min:
latexa e latexa sen fin.
Cando estás preto de min ,
síntome como un galopín.
Cando estás lonxe, como un triste monxe.
Cando vés a miña casa ,
quero ler os teus labios na terraza.
Cando vou á túa,
quero ver os teus ollos reflexados na auga
Altura , baixura , gordura ou fracura;
castígame como queiras
pero a ela non lle quites a fermosura.
CRHISTIAN