Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

Presentación

Ola chicos !!

Comezamos o curso 2011-2012! Ánimo! Seguro que  imos aprender  moitísimo e, ao mesmo tempo, intentaremos pasalo de marabilla.

Xa temos planificados e distribuídos os temas  que daremos ao longo do curso.

Nas LINGUAS, coma sempre, traballaremos especialmente a expresión escrita e a comprensión lectora no TALLER DE ESCRITURA. Este ano máis a fondo porque deberedes pasar á ESO sabendo escribir cunha certa corrección e sen faltas de ortografía, tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega.

En  COÑECEMENTO, PLÁSTICA E MATEMÁTICAS  utilizaremos a  Webquest    como ferramenta de investigación para traballar algúns temas, para iso solicitaremos  a aula de informática dúas horas.

 Investigaremos, primeiro,  o tema que elixistes vós: OS ECOSISTEMAS que corresponden ás unidades 4 e 5 de Coñecemento. Ide mirando no apartado de Webquest do Blog porque, pouco a pouco , colgarei as seleccionadas para este trimestre. Ademais, vouvos preparar outra divertidísima, que será individual e que provisionalmente se titula:  A MIÑA VIDA COMO UN RÍO na que te vas converter nun río europeo; o que che guste, o que máis coñezas, o que máis rabia che dea...Vai pensando!

Para EDUCACIÓN ARTÍSTICA teño seleccionada O DÍA DOS DEUSES, sobre Gauguin, un pintor impresionista.

En  Matemáticas faremos unha individual  e outra en grupo. Negociaremos, para elixir...

Coas  Webquest non faremos exames tradicionais  pero en todas  hai un último apartado  de avaliación e, de  aí, sairán as notas que contarán para o exame final. 

Este ano temos, tamén, unha nova materia : CIDADANÍA. En que consiste? Xa o veredes... pero, polo nome, xa o podedes imaxinar: aprender a ser bos cidadáns; nela, faremos debates que nos axuden a descubrir os nosos talentos e as nosas destrezas e, fomentaremos o traballo en grupo e as habilidades sociais.

Por agora non vos adianto máis... EMPEZAMOS!!!