Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

Ríos de Europa



                                                 Óscar Barreiro Ares



Привет! Eu son ruso, chámome Pechora e vouvos contar a miña vida.
Nazo nos Montes Urais. Paseo todos os días pola República de Komi  e polo distrito autónomo de Nenestsia.

 A miña forma de ser é un pouco indecisa: primeiro vou cara o sur, logo arrepíntome e collo cara o oeste e, cando estou a medio camiño penso que sería mellor coller para o leste; por fin, decididamente  camiño cara o norte para desembocar no Mar de Barents no Océano Glacial Ártico. 

Hai 16 ríos que me traen auga; todos teñen uns nomes moi bonitos, típicos do meu país. Fíxate que ben soan:
 Illytoh, Lai, Shchugor, Izhma, Pizhma, Vel, Kofva, Shapkina, Tsilma, Sula...
                                                                           
                                                               

Percorro a parte noreste dun país inmenso que é Rusia. Imaxínate como é de grande que ocupa unha extensión de  17.000.000 Km2!!

Ao longo da miña vida coñecín moitas paisaxes distintas: bosques, terras chás e paraxes naturais preciosos.

Hai algo que moitos compañeiros  me envexan. Sabes o que é? Son riquíiiiiiiisimo, porque, o meu corpo de 260.000km2 contén grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural.


Ben, non podo entreterme máis con vós porque  teño que vixiar as miñas posesións antes de quedar xeado ata o mes de maio. Espero a túa visita. Пока!


Fíxate onde estou! No Oceáno Glaciar Ártico.

             Abre o enlace e fai clic en Rusia. http://www.ibge.gov.br/paisesat/main.php