Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

Ríos de Europa



Mallaury Fontán Daumont



"Bonjour, ça va?"  Son o río Sena. Permíteme que de vez en cando utilice a miña preciosa lingua porque, como comprobarás cando leas a miña vida, eu son o centro de París!!!  






Nazo a 470 metros sobre o nivel do mar na provincia de Côte-d’Or  en Francia, e desemboco no Océano Atlántico despois de pasar polas cidades de: Troyes, París e Ruán. Mido 776 km de longo e vou dende o continente ata o Océano Atlántico.








Bateux-mouche

Un paseo comigo nos típicos bateux- mouche (barcos-mosca) é a mellor maneira de ver París nun día; e, se fas este paseo de noite, poderás ademais, cear a bordo da embarcación  e contemplar, iluminados,  as 35 pontes e os monumentos máis emblemáticos desta belísima capital francesa: a Torre Eiffel , Notre- Dame, o Museo do Louvre ...
“ Oh la là”.







Agora vouvos falar un pouco da miña navegación:



Buques transatlánticos poden atracar en min. Na zona de Ruán, que está a 120 km do mar, os barcos comerciais pódenme utilizar desde a miña desembocadura ata Bar-sur-Seine. En París é fácil navegarme porque hai pouca corrente e porque está só a 24 metros sobre o nivel do mar.



Son moi sensible ás mareas e teño moitas esclusas . Que son as esclusas? Pois... son como ascensores de barcos. A que ves abaixo conecta os vales dos rios Loira e Sena.


Esclusa

 Non só alegrías lles dei ás cidades polas que paso, tamén lles dei algún que outro desgusto.

 Nos anos 1910, 1924, 1944,1955,1982, 1999 e no 2000 medrei tanto que as  inundei.
Excusez-moi”. Pero, tranquilos, isto non volverá pasar porque nos últimos anos fixéronme uns arreglillos para evitar estes sustos. Ben, vou deixar de falar e pásoche unhas fotos dos lugares por onde paso, porque, xa sabes: unha imaxe vale máis ca mil palabras. Au revoir!!!

París de noite


Divido París en dúas metades.





Museo do Louvre

          
Catedral de Nòtre-Dame


               
                                                                                 

Torre Eiffel
Fíxate nas miñas pontes!