Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán

A Unión Europea



WEBQUEST: A UNIÓN EUROPEA


Comezamos unha nova webquest: A UNIÓN EUROPEA.


 Traballaremos conxuntamente as dúas aulas de sexto e, finalmente, imos xuntar  a información   nunha única posta en común.



Fai clic en  “Unión Europea” e segue os pasos que che indicamos. Lembra que,  nestes momentos, son 27 países os que conforman a UE; polo tanto, hai que engadir: Bulgaria e Rumanía.

Debes aprender a traballar:


1)     Individualmente: recollendo datos do país que che tocou por orde de lista.

2)     En pequeno grupo: estudando a institución europea correspondente.

3)     En gran grupo: unificando a información  da UE dos dous cursos.



Para realizar o traballo, utilizaremos as sesións de Coñecemento do Medio. A data límite para entregalo será o día 23 de febreiro.


Unha vez distribuídos os países  e as intitucións da UE e explicada a mecánica da webquest, seredes vós os encargados de ler con profundidade todos os seus apartados e presentar o informe final segundo as indicacións da mesma.

Deixamos todo nas vosas mans! Seguro que o faredes moi ben!