Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Presentación. Mostrar todas las entradas

Presentación

 
 
benvidos
                                             






 

                         

 Sara A, Laura, Aylin, Antonio, Sara C, Borja, Lucía, Sergio, Gonzalo, Christian, Daniel, Alejandro, Paula e Gabriel.  

   

             


2012 - 2014





 Como xa sabedes, imos estar xuntos dous cursos: 2012 - 2013 e 2013 - 2014, así que, vouvos explicar como funciona o noso blog:

  • Consta de dúas partes: a da esquerda que lle chamamos  "ENTRADAS"  e a da dereita onde atoparemos os  "ENLACES" e o "ARQUIVO" das entradas.

ENTRADAS

Para que serve?
  • Para publicar os nosos traballos e fotos.
  • Publicar vídeos feitos por nós.
  • En xeral todo o traballo de creación propia.

 En que orde aparecen?
  • Aparecen de máis antigo a máis recente. Así, os traballos dos cursos anteriores a vós aparecerán máis abaixo, en entradas antigas ou facendo clic  en "ARQUIVO"  á dereita.
  • Os vosos traballos, polo tanto, aparecerán a partir desta entrada cara arriba.

Como se publica un traballo?

  • Facendo clic arriba á dereita en "acceder".
  • Mediante un contrasinal secreto.
  • Así entro na parte privada do blog.
  • Se non fora deste xeito calquera podería escribir  nel.

Quen publicará os traballos?
  • Por agora só terei  acceso eu a publicar o que fagades vós.
  
ENLACES

Neste apartado hai todo tipo de enlaces organizados por materias e por meses. Segundo os contidos que vaiamos tratando irei subindo páxinas interactivas correspondentes a eses temas para reforzar o aprendido na clase.

 En xaneiro empezamos cos ordenadores. Estades preparados?!! 








Presentación

Ola chicos !!

Comezamos o curso 2011-2012! Ánimo! Seguro que  imos aprender  moitísimo e, ao mesmo tempo, intentaremos pasalo de marabilla.

Xa temos planificados e distribuídos os temas  que daremos ao longo do curso.

Nas LINGUAS, coma sempre, traballaremos especialmente a expresión escrita e a comprensión lectora no TALLER DE ESCRITURA. Este ano máis a fondo porque deberedes pasar á ESO sabendo escribir cunha certa corrección e sen faltas de ortografía, tanto en Lingua Castelá como en Lingua Galega.

En  COÑECEMENTO, PLÁSTICA E MATEMÁTICAS  utilizaremos a  Webquest    como ferramenta de investigación para traballar algúns temas, para iso solicitaremos  a aula de informática dúas horas.

 Investigaremos, primeiro,  o tema que elixistes vós: OS ECOSISTEMAS que corresponden ás unidades 4 e 5 de Coñecemento. Ide mirando no apartado de Webquest do Blog porque, pouco a pouco , colgarei as seleccionadas para este trimestre. Ademais, vouvos preparar outra divertidísima, que será individual e que provisionalmente se titula:  A MIÑA VIDA COMO UN RÍO na que te vas converter nun río europeo; o que che guste, o que máis coñezas, o que máis rabia che dea...Vai pensando!

Para EDUCACIÓN ARTÍSTICA teño seleccionada O DÍA DOS DEUSES, sobre Gauguin, un pintor impresionista.

En  Matemáticas faremos unha individual  e outra en grupo. Negociaremos, para elixir...

Coas  Webquest non faremos exames tradicionais  pero en todas  hai un último apartado  de avaliación e, de  aí, sairán as notas que contarán para o exame final. 

Este ano temos, tamén, unha nova materia : CIDADANÍA. En que consiste? Xa o veredes... pero, polo nome, xa o podedes imaxinar: aprender a ser bos cidadáns; nela, faremos debates que nos axuden a descubrir os nosos talentos e as nosas destrezas e, fomentaremos o traballo en grupo e as habilidades sociais.

Por agora non vos adianto máis... EMPEZAMOS!!!








Presentación

Ola! Somos os alumnos de 5º A do CPI Domingo Fontán de Portas e este é o noso blog que nos servirá, principalmente, como ferramenta de traballo. Nel poderedes atopar:
-          Información sobre o que imos facendo día a día na aula.
-          Actividades complementarias.
-          Enlaces con páxinas educativas…
Pero, non só iso! Tamén poderedes xogar coa nosa mascota Lissy e coñecer os nosos intereses: saber cales son os nosos libros e música favoritos, ver as fotos de actividades que imos facendo na clase e ata consultar temas de actualidade e xornais deportivos!
Por agora aínda está algo baleiro pero pouco a pouco irémolo ampliando todos xuntos! Animámosvos a que nos visitedes! Preparados?!!
Pois adiante!!