Benvidos ao blog de Terceiro Ciclo de primaria do CPI Domingo Fontán
Mostrando entradas con la etiqueta Ríos de Europa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ríos de Europa. Mostrar todas las entradas

Ríos de Europa



Mallaury Fontán Daumont



"Bonjour, ça va?"  Son o río Sena. Permíteme que de vez en cando utilice a miña preciosa lingua porque, como comprobarás cando leas a miña vida, eu son o centro de París!!!  






Nazo a 470 metros sobre o nivel do mar na provincia de Côte-d’Or  en Francia, e desemboco no Océano Atlántico despois de pasar polas cidades de: Troyes, París e Ruán. Mido 776 km de longo e vou dende o continente ata o Océano Atlántico.








Bateux-mouche

Un paseo comigo nos típicos bateux- mouche (barcos-mosca) é a mellor maneira de ver París nun día; e, se fas este paseo de noite, poderás ademais, cear a bordo da embarcación  e contemplar, iluminados,  as 35 pontes e os monumentos máis emblemáticos desta belísima capital francesa: a Torre Eiffel , Notre- Dame, o Museo do Louvre ...
“ Oh la là”.







Agora vouvos falar un pouco da miña navegación:



Buques transatlánticos poden atracar en min. Na zona de Ruán, que está a 120 km do mar, os barcos comerciais pódenme utilizar desde a miña desembocadura ata Bar-sur-Seine. En París é fácil navegarme porque hai pouca corrente e porque está só a 24 metros sobre o nivel do mar.



Son moi sensible ás mareas e teño moitas esclusas . Que son as esclusas? Pois... son como ascensores de barcos. A que ves abaixo conecta os vales dos rios Loira e Sena.


Esclusa

 Non só alegrías lles dei ás cidades polas que paso, tamén lles dei algún que outro desgusto.

 Nos anos 1910, 1924, 1944,1955,1982, 1999 e no 2000 medrei tanto que as  inundei.
Excusez-moi”. Pero, tranquilos, isto non volverá pasar porque nos últimos anos fixéronme uns arreglillos para evitar estes sustos. Ben, vou deixar de falar e pásoche unhas fotos dos lugares por onde paso, porque, xa sabes: unha imaxe vale máis ca mil palabras. Au revoir!!!

París de noite


Divido París en dúas metades.





Museo do Louvre

          
Catedral de Nòtre-Dame


               
                                                                                 

Torre Eiffel
Fíxate nas miñas pontes!



                                                                                
 

Ríos de Europa



                                                 Óscar Barreiro Ares



Привет! Eu son ruso, chámome Pechora e vouvos contar a miña vida.
Nazo nos Montes Urais. Paseo todos os días pola República de Komi  e polo distrito autónomo de Nenestsia.

 A miña forma de ser é un pouco indecisa: primeiro vou cara o sur, logo arrepíntome e collo cara o oeste e, cando estou a medio camiño penso que sería mellor coller para o leste; por fin, decididamente  camiño cara o norte para desembocar no Mar de Barents no Océano Glacial Ártico. 

Hai 16 ríos que me traen auga; todos teñen uns nomes moi bonitos, típicos do meu país. Fíxate que ben soan:
 Illytoh, Lai, Shchugor, Izhma, Pizhma, Vel, Kofva, Shapkina, Tsilma, Sula...
                                                                           
                                                               

Percorro a parte noreste dun país inmenso que é Rusia. Imaxínate como é de grande que ocupa unha extensión de  17.000.000 Km2!!

Ao longo da miña vida coñecín moitas paisaxes distintas: bosques, terras chás e paraxes naturais preciosos.

Hai algo que moitos compañeiros  me envexan. Sabes o que é? Son riquíiiiiiiisimo, porque, o meu corpo de 260.000km2 contén grandes reservas de carbón, petróleo e gas natural.


Ben, non podo entreterme máis con vós porque  teño que vixiar as miñas posesións antes de quedar xeado ata o mes de maio. Espero a túa visita. Пока!


Fíxate onde estou! No Oceáno Glaciar Ártico.

             Abre o enlace e fai clic en Rusia. http://www.ibge.gov.br/paisesat/main.php

Ríos de Europa



WEBQUEST: A MIÑA VIDA COMO UN RÍO




INTRODUCIÓN

Sabes moito sobre os ríos europeos? A ti paréceche que si, pero se te pos a pensar non es capaz de
 ir máis alá dos seus nomes, o lugar onde nacen e a súa desembocadura.
Pois, agora, tes a oportunidade de aprender moitísimo máis  porque te vas converter nun río: o que mellor coñezas, o que máis che guste ou aquel que percorra os países que desexes estudar.






TAREFA


A túa tarefa consiste  en redactar, en primeira persoa (EU), a vida do río  europeo que  ti elixas, acompañado de fotos, mapas, debuxos ou calquera outra ilustración que creas necesaria.

  •  Realizaralo nas sesións de informática, ou, cando acabes as tarefas diarias da clase. 
  •  O teu traballo deberás imprimilo e entregarlo o día 30 de novembro para a súa corrección e, posteriormente, publicalo no Blog.
  • O título será orixinal e incluirá o nome do río.
  • Axustarase ás características marcadas no apartado seguinte.

 


PROCESO


1. Abre un documento Word en branco onde irás escribindo os datos que vaias conseguindo. Lembra que ti es o río, polo tanto, debes ir apuntando os datos en primeira persoa, como se fora unha autobiografía.

2. Debes gardar o documento nun cartafol, co teu nome, no escritorio do ordenador da clase.  Pouco a pouco, irás engadindo a información que vaias conseguindo.

3. Primeiro contestarás unhas preguntas:  
          Como te chamas?  
          Onde naces?
          Na túa viaxe, por que lugares pasas? Descríbeos.
          Quen son os teus amigos que cada día che deixan as súas
          augas?
          Cantos países visitas?
          Cantas paisaxes diferentes  percorres ao longo da túa vida?
          Onde acaba o teu camiño?
          Ti es único e interésanos moito a túa vida, así que, por que non nos contas algunha anécdota ou           algo especial que che fai distinto aos demais?   
4. Agora, vas redactar toda esa información en primeira persoa. Utiliza frases curtas e inclúe todos os datos que obtiveches das preguntas anteriores.

5. Engade ilustracións: mapas, fotos, debuxos...

  
 RECURSOS
 





Escasa consolidación
1
Aprendizaxe
media
2
Aprendizaxe
alta
3
Aprendizaxe
excelente
4
Nota
Cantidade de información
Aparecen só 2 datos dos incluídos nas preguntas.
Aparecen 3 ou 4 datos dos incluídos nas preguntas.
Aparecen recollidos todos os datos propostos nas preguntas.
Aparecen recollidos todos os datos das preguntas e engádense outros de interese para o tema.

Organización e redacción
A tarefa aparece con erros ortográficos, gramaticais e pouco organizada.
A tarefa preséntase organizada, pero con erros ortográficos, gramaticais
A tarefa está organizada e escrita sen erros ortográficos.
A calidade da redacción é excelente, sen erros de ningún tipo.

Vocabulario
Contén imprecisións de vocabulario e moitas palabras “comodín”
Utiliza algunhas palabras das propostas no tema pero, tamén, palabras comodín.
Utiliza o vocabulario proposto.
Utiliza o vocabulario proposto e outro apropiado que atopou nas páginas webs propostas.

Creatividade
Non aporta ideas, limítase a copiar as xa establecidas ou as dos seus compañeiros.
Apenas aporta ideas, e as que aporta, son simples, sen orixinalidade nin creatividade.
Aporta ideas orixinais e creativas.
Aporta ideas orixinais e creativas e lévaas a cabo.


Uso de Internet e manexo do procesador de textos

Utiliza a navegación proposta e o procesador con axuda.
Usa os enlaces , pero en ocasións necesita axuda, tanto para eles como co procesador.
Navega adecuadamente polos sitios propostos e utiliza correctamente o procesador.
Usa os enlaces suxeridos, aporta outros novos e manexa con gran soltura o procesador.



Actitude ante os problemas e tarefa proposta.
A súa actitude é de dependencia da mestra e de estar superado pola   tarefa, polo que busca a supervisión do adulto.
Mostra unha intención de autonomía, excepto cando o problema é difícil para el ou ela
Mostra unha actitude de traballo e interese, buscando solucións e unha resolución correcta.
Mostra unha actitude entusiasta, interesada e disposta a aportar novos retos á tarefa.





Escasa
consolidación
Apredizaxe
media
Boa
aprendizaxe
Excelente
aprendizaxe
PUNTUACIÓN
6-11
12-17
18-23
24


"A lóxica levarate do punto A ao B; a creatividade a todas partes"  A. Einstein