“A gravidade é a forza de atracción que experimentan os obxectos. A forza de atracción entre dous obxectos é directamente proporcional ó produto das masas de cada un, e inversamente proporcionaló cadrado da distancia que os separa.”
A gravidade é una forza moi importante na nosa vida cotiá xa que é a que nos mantén pegados á terra. Por iso non importa que esteamos no hemisferio norte ou no sur, nos polos ou no ecuador, o ceo sempre estará enriba de nós.
Hai dous factores que afectan á caída dos corpos. Un deles, o máis importante, é a gravidade. O outro é a resistencia do aire, que depende da velocidade, a forma do obxecto e a densidade.
Onte dedicamos a tarde a experimentar coa gravidade, esa estraña forza de atracción oculta na Terra que fai que todo tenda a pegarse ó chan.
Partimos da publicación “Experimentos sinxelos para entender unha terra complicada”da Universidade Nacional Autónoma de México (Susana A. Alaniz Alvarez e Angel F. Nieto Samaniego), que reúne unha grande cantidade de experimentos co fin de explicar a importancia de “A caída dos corpos” realizado por Galileo Galilei hai case 400 anos; e entre eles os que levamos á práctica e vos vamos a presentar a continuación.
¿CAL CAE PRIMEIRO?
MATERIAIS
Dúas “canicas” iguais.
PROCEDEMENTO
Suxeitamos as dúas “canicas” cunha man, entre o dedo índice e o polgar, coidando que a palma estivera cara abaixo.
Despois, coa outra man, démoslle un golpe forte horizontal a unha delas de maneira que unha saíu disparada cara o fronte.
¡¿QUE PASOU?!
No momento no que separamos as dúas canicas unha delas caeu ó chan verticalmente e a outra saíu disparada cara o fronte.
A pesar de que unha delas recorreu unha distancia maior, ¡AS DÚAS CAÍRON Ó MESMO TEMPO!
EXPICACIÓN
Hai dúas forzas que controlan a caída dos corpos: a gravidade e a resistencia do aire. Se os dous obxectos son iguais e a resistencia do aire é mínima, entón só a forza da gravidade inflúe no tempo que tarda en chegar ó chan, aínda que unha delas viaxe un cacho horizontalmente.
MÁNDAOS A VOAR: A RESISTENCIA DO AIRE
Os obxectos pesados ás veces caen primeiro que os lixeiros, ¿Por qué as veces?
MATERIAIS
-Un libro de pasta grosa.
-Unha folla de papel.
PROCEDEMENTO
Primeiro un de nós suxeitou o libro de pasta grosa e o outro o papel, os dous á mesma altura e colocados de maneira plana, paralelos ó chan. Deixámolos caer ó mesmo tempo.
Na segunda volta puxemos o papel enriba do libro e deixámolos caer.
¿QUE PASOU?
No primeiro caso o libro caeu moito antes que a folla.
No segundo, cando a folla está enriba do libro, caeron ó mesmo tempo.
EXPLICACIÓN
No primeiro caso, como o libro é máis pesado, vence a resistencia do aire, mentres que a folla é sostida por esta e fai que planee.
No segundo, o libro abre camiño á folla e, polo tanto, caen xuntos.
¿Fixástesvos? Na escena transmitida dende a lúa polo Apolo 15 vese que o astronauta deixa caer unha pluma e un martelo e caen ó mesmo tempo, ¿sabedes por qué fixeron ese experimento na lúa?
MATERIAIS
-Dúas botellas de plástico.
-Area.
PROCEDEMENTO
Primeiro enchemos, de todo, unha das botellas de auga con area. Á outra botámoslle só unha pouquiña. De seguido dirixímonos ás escaleiras do corredor da ESO que dan ó patio do colexio. Non había vento.
Dende arriba de todo deixamos caer as dúas botellas á vez.
¿QUE PASOU?
As dúas botellas caeron ó mesmo tempo a pesar de ter distinto peso.
ESTE EXPERIMENTO NA HISTORIA
Ata o século XVI críase que os obxectos máis pesados caían máis rápido que os lixeiros tal e como dixera Aristóteles 19 séculos antes.
Galileo Galilei, como profesor de matemáticas na Universidade de Pisa cuestionou as creencias de entón. Arroxou dous obxectos de diferente peso dende a torre inclinada de Pisa e mostrou que caían ó mesmo tempo. Este experimento foi elixido como o segundo máis belo da historia xa que cun exercicio moi simple demostrou que, ás veces, é a natureza ten a última palabra.
“Me lo contaron y lo olvidé, lo vi y lo entendí, lo hice y lo aprendí”
Despois da nosa viaxe polo Sistema Solar deberiades saber moitísimo! Como mínimo xa sodes expertos nun determinado corpo planetario! Así que, invitámosvos a que vos poñades a proba coas seguintes actividades!
En "Actividades interactivas 1" comezade polo nivel básico e, logo, se sodes valentes, atrevédevos co avanzado! Se vos entran as dúbidas tamén tedes á man un apartado de información!
Os telescopios son instrumentos que nos permiten estudar mellor os astros e descubrir outros descoñecidos. ¿Gustaríavos construír un telescopio caseiro? Sería interesante, non si? Pois aquí atoparerdes todos os pasos para facelo!
Hoxe comezamos a Webquest “Destino la Tierra”, do CEIP San Walabonso. Con ela repasaremos cousiñas que xa vimos anteriormente e descubriremos outras novas!
IMPORTANTE! Teremos en conta que esta Webquest foi creada no ano 2005 e, polo tanto, considera a Plutón un planeta. Sen embargo, deixou de ser considerado como tal tralo acordo da comunidade astronómica internacional de 2006, pasando á categoría de “planeta anano”.
Aínda que non o notemos, a Terra, como calquera corpo celeste, non se atopa en repouso senón que está sometida a diversos movementos. Os principais movementos da Terra son os movementos de rotación e translación.
O MOVEMENTO DE ROTACIÓN
O movemento de rotacióné o movemento que efectúa a Terra xirando sobre si mesma ó longo dun eixe imaxinario denominado Eixe terrestre (inclinado 23º 27` cara a dereita), que pasa polos seus polos. O movemento de rotación da terra é o que determina que os días teñan 24 horas xa que ese é o tempo que tarda o noso planeta en realizar un xiro completo.
Para entendelo mellor, hoxe na clase fixemos unha exemplificación do mesmo; mediante a cal utilizamos un globo terráqueo e unha lanterna, que representaba ó sol.
O MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN
O movemento de translación é o movemento polo cal a Terra se movearredor do Sol, facendo unha elipse no sentido das agullas do reloxo. Este movemento arredor do sol é o que determina:
-Queos anos teñan 365días, 5 horas, 48 minutos e 46 segundos, tempo que tarda o noso planeta en realizar unha volta completa ó redor do sol. Como este percorrido ó redor do sol non representa un número exacto en días, cada 4 anos engádese un día máis no mes de febreiro.
-Asucesión das estacións débese á inclinación da terra e ó percorrido en forma de elipse que realiza durante a translación. Os raios chegan a cada hemisferio terrestre con distinta inclinación segundo o momento do ano e, pola mesma razón, as horas de luz e de escuridade cambian ó longo do ano en cada parte do planeta.
Finalmente, o primeiro destino na nosa viaxe espacial será a Lúa, defendida no Forum de debate por Julián.
Aquí tedes a todos os participantes, colocados por orde de exposición, e a exposición do gañador xunto coas dos representantes que o seguen no ranking!
1º A LÚA (Julián) Penso que deberíamos visitar a Lúa porque é o satélite do noso planeta e o quinto satélite máis grande do Sistema Solar. Ademais é o único corpo celeste no que o home realizou un descenso tripulado, e por iso sabemos que non sería moi perigoso viaxar a ela.
Aínda que, dende a terra é o obxecto que máis brilla no ceo despois do sol, a súa superficie é, en realidade, moi escura, pero reflexa a luz do sol.
A lúa xira arredor da terra e tamén sobre o seu eixe. Os seus movementos producen as correntes mariñas, as mareas e o aumento da duración do día.
A lúa non ten atmosfera nin auga, por iso non se deteriora co tempo.
Debemos viaxar á lúa porque é moi bonita; dende o espazo vese como unha esfera gris-branca con cráteres de moitos tamaños.
2º URANO (Raquel) Penso que deberíamos viaxar ao sétipo planeta dende o sol, Urano.
Veredes, Urano é un planeta gasoso. É o terceiro planeta máis grande do Sistema Solar e o primeiro que se descubriu grazas ó telescopio.
Ademais, Urano ten unha característica que chama a atención, a rara inclinación do seu eixe, case 90º respecto da súa órbita. A súa distancia ao sol é o dobre que a de Saturno, e dende Urano o Sol parece unha estrela máis, aínda que máis brillante.
Este planeta ten aneis pero son diferentes aos de Xúpiter e Saturno. Ten 27 satélites coñecidos e todos eles teñen nomes de personaxes das obras de Shakespeare e Alexander Pope.
Ademais, Urano é o planeta coa cor máis bonita, azul-verdosa.
3º O SOL (Carla F) Para comezar este debate quería dicir que, igual que á Terra, debemos coidar o noso Sistema Solar. Se me votásedes a min viaxariamos ao Sol.
Penso que o Sol é o mellor lugar para viaxar porque é moi bo, como todos o somos. O sol é especial. Viaxar ao sol é o mellor que nos pode pasar e explicareivos por qué.
O Sol é o centro do noso Sistema Solar e por iso é moi importante. É unha estrela de tamaño mediano con 1.391.000 km de diámetro. Comparado co diámetro da terra é 109 veces maior.
O Sol é unha xigante bola xiratoria de gas moi quente, polo que se viaxamos a el fará calorciño. É a nosa principal fonte de enerxía que se manifesta en forma de luz e calor.
A nosa estrela exerce unha forte atracción gravitatoria sobre os planetas e os fai xirar ao seu redor. Se non existira o sol, non existiriamos nos. Por iso penso que deberíamos viaxar ao Sol.
3º MERCURIO (Mallaury) Debemos viaxar a Mercurio porque é o planeta máis pequeno e o que está máis preto do Sol. Forma parte dos planetas rochosos.
Mercurio non ten satélites e tarda sobre 58 días en dar unha volta completa ao sol. Contareivos unha curiosidade: No ano 1859 un matemático, Urbain Le Verrier, cría que existía outro planeta que molestaba a órbita de Mercurio, chamárono Vulcano. Agora sábese que Vulcano non existe, porque iso era mentira.
A superficie de mercurio ten moitos cráteres, como a Lúa, pero alí a temperatura pode chegar a máis de 800 ºC porque é o que está máis preto do sol e rota moi lentamente.
A órbita de Mercurio atópase tan preto do Sol , que é moi difícil velo dende a Terra, só se ve ao anoitecer, por iso os astrónomos da antigüidade nunca viron o planeta, e por iso temos que ir a visitalo.
Hoxe converterémonos en viaxeiros espaciais! Cada un de nós investigará sobre un determinado corpo planetario do Sistema Solar, que teremos que defender durante o vindeiroForum de debate espacial. Nel decidirase, en consenso, cal será o lugar máis interesante para visitar! Será tan importante a información detallada do corpo planetario como a argumentación sobre o mesmo para intentar convencer ó resto de representantes! Así que, xa sabedes! Que gañe o mellor!!!
Non vos esquezades de que ó redor do sol non soamente xiran os planetas e os seus satélites, senón que tamén o fan outros obxectos coma os planetas ananos, asteroides e cometas. Na seguinte páxina atoparedes moita información sobre todos os elementos que forman o noso Sistema Solar!
Esta semana comezaremos a estudar “O universo e o sistema solar”, para ir introducíndonos no tema deixámosvos un vídeo moi interesante sobre a súa posible orixe. Esperamos que vos guste!